ESTABLECEMENTOS
REQUISITOS
DE PARTICIPACIÓN

Que establecementos se poden adherir?

  • Aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan como obxecto da súa actividade o de venda ás persoas consumidoras de produtos e bens culturais que desenvolvan a súa actividade en Galicia, e que reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

  • Os centros e establecementos públicos ou privados destinados á exhibición de produción cultural (salas de cine, teatros e auditorios, salas de concertos, salas de exposicións, etc.).

  • Os museos, casa-museo ou asimilados, tanto de titularidade pública como privada; asociacións, entidades e fundacións de carácter cultural, tanto públicas como privadas, que ofrezan produtos culturais.

Que se pode mercar co Bono Cultura?

  • Música gravada en formato CD ou vinilo.

  • Produtos audiovisuais (películas, series, etc.) en formato físico.

  • Libros e videoxogos.

  • Entradas para salas de cine, concertos de música e espectáculos escénicos.

  • Entradas para calquera tipo de institución cultural (museo, casa-museo, etc.).

  • Calquera outro tipo de ben cultural.

*Os produtos de papelaría; os equipos software e consumibles de informática e electrónica; os xogos de calquera tipo; e os libros de texto para o ámbito educativo non universitario quedan excluídos do programa.