( BONOS CUNHA CONTÍA DE 50€ )
DESCONTOS DA METADE DO IMPORTE DA COMPRA

Para beneficiarte do Bono Cultura tes que ser maior de idade e residir en Galicia. Para usalo deberás empregar unha aplicación no teu móbil. Unha vez descargado da web poderás usalo tantas veces como desexes nos establecementos identificados, ata consumir a contía dispoñible (50 €).

Tes ata o 31 de decembro para facer as túas compras en librarías, museos, tendas de videoxogos, música...

Que se pode mercar co Bono Cultura?

  • Música gravada en formato CD ou vinilo.

  • Produtos audiovisuais (películas, series etc.) en formato físico.

  • Libros e videoxogos.

  • Entradas para salas de cine, concertos de música e espectáculos escénicos.

  • Entradas para calquera tipo de institución cultural (museo, casa-museo, etc.).

  • Calquera outro tipo de ben cultural.

*Os produtos de papelaría; os equipos software e consumibles de informática e electrónica; os xogos de calquera tipo; e os libros de texto para o ámbito educativo non universitario quedan excluídos do programa.

Fondo clientela
1

Descarga a aplicación Wallet no teu teléfono móbil.

-----

2

Rexístrate desde o móbil ou na web en www.bonocultura.gal.

-----

3

Recibirás unha mensaxe (SMS) de validación.

-----

4

Activa o teu bono cultura e descárgao (en forma de código QR).

-----

5

Busca o distintivo do Bono Cultura nos establecementos culturais.

-----

6

Mostra o código QR do teu bono no momento do pagamento.

-----

7

Obterás un desconto da metade do importe da compra.